O Porto pedirá indemnizacións polo dano causado a Vigo co ‘tax lease’

Galicia crea unha fundación para estudar os aspectos xurídicos da pesca
22 Xullo, 2017
MarInnLeg reforza a competitividade e innovación do sector marítimo e pesqueiro a través do fortalecemento de capacidades e xeración de coñecemento no ámbito xurídico
4 Xuño, 2018
Galicia crea unha fundación para estudar os aspectos xurídicos da pesca
22 Xullo, 2017
MarInnLeg reforza a competitividade e innovación do sector marítimo e pesqueiro a través do fortalecemento de capacidades e xeración de coñecemento no ámbito xurídico
4 Xuño, 2018

Un informe preliminar sobre o ‘tax lease’ realizado por MarInnLeg – Fundación de estudo de asuntos marítimo-xurídicos xurdida arredor da iniciativa Blue Growth da Autoridade Portuaria- conclúe que causou un “dano irreparable” á industria viguesa e aos traballadores do naval, moitos dos cales tiveron que ir ao paro. O obxectivo destes informes non é outro que o de cuantificar o dano causado e buscar o mellor xeito de reparalo, “empezando polo dano social, o máis importante, porque o que se quedou sen emprego perdeu cotización, por exemplo”.

Recoñeceu que non hai unha estimación de canto podería ascender o dano a reparar, pero incluiría todo tipo de indemnizacións. Enrique López Veiga recordou que se trataba dun recurso financeiro para axilizar a construción naval que foi paralizado pola Comisión Europea –en concreto polo español Joaquín Almunia, que era o responsable da competencia- debido a unha denuncia de Holanda, o que “matou” ás factorías navais viguesas, que non tiñan como financiar a construción de barcos. Non obstante, o Tribunal Europeo deulle a razón ao Goberno de España, “así que non debía ser tan claro””, ironizou. Houbo un recursos e estase á espera de sentencia inminente. “A partir de aí pediremos polos danos causados”, sentenciou.

Por outra parte, o presidente do Porto deu datos sobre a conta de resultados, que presenta unha cifra de negocio cun 6,65% de incremento respecto ao exercicio anterior. O resultado de explotación obtido neste exercicio sitúase nun resultado positivo de 395.000 euros, superior ao obtido no pasado exercicio, cifrado en 63.000 euros. Os resultados despois de impostos son positivos e ascenden a 397.700 euros, superiores en 321.200 euros aos obtidos no pasado exercicio, que ascendían a 76.500 euros. Estes resultados son un claro reflexo dos tráficos de mercancías: mentres o ano pasado no acumulado ata abril tíñase un descenso do -4,1%, este ano increméntanse os tráficos nun 6,8%.

Por último, o consello aprobou tras un longo e tenso debate unha instrución de ordenación dos usos e actividades desenvolvidas nas instalacións pesqueiras que, segundo indicou López Veiga, entrará en vigor antes dun mes tras a festa de San Xoán, pola venda da sardiña. “A nosa postura é firme. Temos que cumprir coa lexislación vixente en materia sanitaria e de pesca e non hai máis marxe”, concluíu.

Ver a nova na súa fonte orixinal: www.atlantico.net