MarInnLeg reforza a competitividade e innovación do sector marítimo e pesqueiro a través do fortalecemento de capacidades e xeración de coñecemento no ámbito xurídico

O Porto pedirá indemnizacións polo dano causado a Vigo co ‘tax lease’
25 Maio, 2018
O Porto finaliza o curso de inspectores de pesca para a FAO
29 Xuño, 2018
O Porto pedirá indemnizacións polo dano causado a Vigo co ‘tax lease’
25 Maio, 2018
O Porto finaliza o curso de inspectores de pesca para a FAO
29 Xuño, 2018

A importancia do mar para Galicia é unha realidade desde tempo inmemorial na súa economía, estrutura social e cultura. O sector marítimo segue sendo crucial para o desenvolvemento socio-económico da sociedade galega e española proporcionando numerosas oportunidades de emprego en áreas como a pesca artesanal, de altura e a acuicultura mariña; a construción naval; os portos; o transporte marítimo; a náutica de recreo; a investigación mariña e todos os clústeres que están estreitamente relacionados co sector marítimo.

A evolución do Dereito do Mar e a adhesión de España á Unión Europea en 1986 están afectando considerablemente ao sector marítimo e pesqueiro español e galego, nalgúns casos cuestionando as estruturas existentes e noutros potenciando o seu crecemento. En todo caso, o sector marítimo e pesqueiro vese inmerso nunha contorna cada vez máis complexa, tanto pola competencia internacional como pola existencia de diversos niveis de toma de decisión e complexos mecanismos de regulamento. A sostibilidade e competitividade das actividades dos sectores azuis afrontan na actualidade diversos retos relacionados ao comercio exterior e mercado interior, políticas de competencia, economía, emprego e ambiente. Galicia afronta desafíos enmarcados en cada un dos retos antes referidos, que desvelaron debilidades no coñecemento xurídico do novo escenario e que inciden de xeito directo na rendibilidade da actividade produtiva.

No marco da iniciativa Crecemento Azul, impulsado pola Autoridade Portuaria de Vigo, conseguiuse por primeira vez reunir a representantes dos sectores marítimos e pesqueiros, da sociedade civil e investigadores de distintas entidades para abordar diversos temas da política de competencia que afectan aos sectores marítimos  e pesqueiros, como son a competencia deslear, diferentes aplicacións de normas comunitarias, consecuencias de libre comercio internacional para importadores e exportadores españois e galegos, entre outros. Nas reunión do grupo de traballo ‘Level Playing Field’ do Plan Blue Growth, os participantes analizaron o statu quo da economía azul, as carencias e posibles solucións. Expresouse a opinión de que a mellora do coñecemento xurídico marítimo e pesqueiro constitúe un factor importante para estimular a innovación, o desenvolvemento e o crecemento económico a medio e longo prazo.

Obxectivos

O obxectivo xeral é reforzar as capacidades sectoriais a través da xeración, xestión e transferencia de coñecementos xurídicos marítimos e pesqueiros. Créase MarInnLeg coa estrutura lixeira e áxil como un punto de encontro (hub) que ofrece á economía e á sociedade azul asesoramento, formación e resultados de investigación de fondo de temas xurídicos marítimos e pesqueiros. Neste sentido, MarInnLeg ofrece alternativas viables aos problemas sectoriais ante un novo escenario xurídico marítimo e pesqueiro desde unha perspectiva xurídica integral.

A xeración de coñecemento é un pilar fundamental para promover o desenvolvemento sectorial. Nesta liña, o ámbito xurídico é crítico para favorecer unha contorna de seguridade xurídica baixo a que os sectores poidan basear o seu coñecemento. É por iso que se propón a creación dunha base común de coñecemento xurídico marítimo e pesqueiro a prol do desenvolvemento sostible que incidirá na competitividade de todos os sectores da economía azul. Espérase reunir e fortalecer as capacidades de investigación aplicada en materia xurídica co fin de promover a disposición de coñecemento, análise, información e ferramentas aplicadas de utilidade para todos os stakeholders da economía e sociedade azuis, é dicir, para os distintos sectores, as administracións públicas e a sociedade civil.

MarInnLeg

  • Representantes de todos os grupos de interese da cuádrupa hélice incrementan os seus coñecementos xurídicos marítimos e pesqueiros segundo as súas necesidades.
  • Os coñecementos obtidos facilitan ao sectores privados que aumenten a súa competitividade e contribúan a manter/xerar emprego.

  • As administracións públicas toman as decisións baseadas nos coñecementos adquiridos, orientándose cara as necesidades dos grupos de interese.

  • A cooperación entre os integrantes da cuádrupla hélice é reforzada.

Actividades

MarInnLeg contribúe a xerar, transferir e xestionar o coñecemento xurídico marítimo e pesqueiro mediante as seguintes actividades:

  • Asesoramento xurídico marítimo e pesqueiro: Ofrécense distintos servizos e produtos de asesoramento xurídico para o sector privado e as administracións públicas.

  • Formación: Organízase formación especializada dirixida a reforzar capacidades dos profesionais do sector, como seminarios específicos analizando temas de interese, cursos de especializados… entre outros.

  • Observatorio: Créase un observatorio proporcionando información especializada aos stakeholders (sectores, administración, sociedade civil, universidades). Recompílase e pon a disposición normativa (nacional, comunitaria, internacional); xurisprudencia nacional e internacional; libros brancos, verdes e azuis da UE, entre outros. Ademais, publícase periodicamente un boletín en soporte electrónico con información sobre lexislación, sentencias, acontecementos actuais, artigos publicados…

  • Investigación: MarInnLeg fomenta a investigación apoiando iniciativas específicas a nivel autonómico, nacional e internacional, como son publicacións, informes especializados ou actividades de divulgación como mesas redondas, xornadas e conferencias.