O Porto finaliza o curso de inspectores de pesca para a FAO

MarInnLeg reforza a competitividade e innovación do sector marítimo e pesqueiro a través do fortalecemento de capacidades e xeración de coñecemento no ámbito xurídico
4 Xuño, 2018
“INTRODUCCIÓN A LA POLÍTICA DE COMPETENCIA EN EL ÁMBITO MARÍTIMO Y PORTUARIO”, curso organizado por MarInnLeg y la UVigo en noviembre de 2018
23 Outubro, 2018
MarInnLeg reforza a competitividade e innovación do sector marítimo e pesqueiro a través do fortalecemento de capacidades e xeración de coñecemento no ámbito xurídico
4 Xuño, 2018
“INTRODUCCIÓN A LA POLÍTICA DE COMPETENCIA EN EL ÁMBITO MARÍTIMO Y PORTUARIO”, curso organizado por MarInnLeg y la UVigo en noviembre de 2018
23 Outubro, 2018

Durante 12 días, un total de 12 inspectores procedentes de Costa Rica, Ecuador, Panamá e Perú reforzaron a súa formación coa colaboración dos equipos de inspección pesqueira da Xunta, da Secretaría Xeral de Pesca Marítima, expertos de FAO (da ONU), a Comisión Europea, a Autoridade Portuaria de Vigo e a Axencia Europea de Control da Pesca. Asimesmo, os participantes tiveron a oportunidade de interactuar con membros do sector da construción naval, a pesca fresca e conxelada, entre outros.

O curso “Fortalecemento de capacidades para a aplicación do Acordo sobre Medidas do Estado Rector do Porto (PSM)”, ou o que é o mesmo, o primeiro tratado internacional de carácter vinculante centrado especificamente na pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, levouse a cabo co ánimo de fortalecer a aplicación do PSM, organizando un programa dirixido a fortalecer as capacidades dos corpos de inspección pesqueira dos países firmantes do Acordo.

Na cerimonia de clausura entregáronse os diplomas de asistencia e contou coa participación da conselleira do Mar, Rosa Quintana; do coordinador do curso, Joao Neves; e do presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga. Durante a súa intervención, destacou a que considera unha experiencia positiva e de interese para toda a comunidade relacionada coa actividade portuaria e pesqueira.

Segundo recordou López Veiga, Galicia e o Porto convertéronse nun referente de transparencia e boas prácticas na loita contra a pesca ilegal e nun exemplo na aplicación dos principios de Crecemento e Economía Azul.

A propia FAO elixiu ao Porto de Vigo como núcleo de formación en materia de pesca ilegal, non regulada e non regulamentada.

Ver a noticia na súa fonte orixinal: www.atlantico.net