Fundación – Centro de innovación de estudos xurídicos marítimos e pesqueiros
Os sectores da economía azul en Galicia están expostos a unha contorna cada vez máis complexa tanto pola competencia internacional como polos diferentes niveis de regulamento e de toma de decisións. A sostibilidade e competitividade das actividades desenvolvidas por estes sectores van da man de novos retos relacionados co comercio exterior, pero tamén co mercado interior, así como con políticas de competencia, economía, emprego e ambiente.
Galicia debe afrontar numerosos desafíos neste novo escenario, superando as debilidades que presenta en canto a coñecemento xurídico, unhas fraquezas que inciden de xeito directo na rendibilidade da actividade produtiva. É aí onde a Fundación MarInnLeg desempeña un papel protagonista: nace para axudar a superar ese retos e a acadar as metas marcadas.
Máis información