A Fundación

A Fundación MarInnLeg créase para ofrecer alternativas viables aos problemas que poidan atoparse os sectores da economía azul, que deben de enfrontarse a un novo escenario legal marítimo e pesqueiro dende unha perspectiva xurídica integral. E faino a través dunha estrutura áxil cun punto de encontro no que todos os implicados na economía e sociedade azul poidan atopar asesoramento, formación e investigación.

Descrición e Obxectivos

O obxectivo de MarInnLeg é reforzar as capacidades sectoriais a través da xeración, xestión e transferencia de coñecementos xurídicos marítimo e pesqueiros. É a mellora dese coñecemento a que sentará as bases sobre as que estimular a innovación, o desenvolvemento e o crecemento económico a medio e longo prazo.

Esta iniciativa nace como un proxecto crucial no marco do plan Blue Growth para facer do porto de Vigo un porto innovador xa que, a través do coñecemento, favorecerase a competitividade da contorna empresarial e mellorarase a calidade de vida da sociedade en xeral. Ademais, o reforzo de capacidades fará do porto vigués un porto inclusivo que traerá consigo novas e mellores perspectivas de emprego.

MarInnLeg xorde como apoio para a economía e sociedade azul. A través desta función representantes de todos os grupos de interese da cúadrupla hélice poderán ampliar os seus coñecementos xurídicos marítimos e pesqueiros segundo as súas necesidades. Os coñecementos obtidos facilitan aos sectores privados que aumenten a súa competitividade e contribúan a manter e xerar emprego, mentres que para as administracións públicas se converte en axuda fundamental para a toma de decisións baseadas en coñecementos e orientadas a solucionar as necesidades dos grupos de interese.

Misión

Galicia conta dende fai tempo cun amplo abano de institucións que teñen entre as súas competencias a formación de investigación do medio mariño e marítimo. O Campus do Mar formado polas tres universidades galegas, o Centro Tecnolóxico do Mar, o Instituto Español de Oceanografía, o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, os centros de formación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia... forman un armazón no que abordan docencia, investigación e transferencia como eixo para o óptimo desenvolvemento da contorna social e do tecido produtivo.

Non obstante, Galicia carece dun servizo permanente de estudo, investigación e asesoramento dende un enfoque xurídico marítimo e pesqueiro especializado que permita vertebrar as diferentes iniciativas existentes. Con MarInnLeg nace un grupo áxil e efectivo de expertos que se dedicarán á investigación de estes dous eixos, capaz de enfrontarse e adiantarse aos desafíos xurídicos cos que se atopa o sector marítimo e as administracións públicas.

O obxectivo é favorecer unha contorna de seguridade xurídica baixo a que os sectores da economía azul poidan seguir crecendo. Por iso busca crear unha base común de coñecemento xurídico marítimo e pesqueiro a prol do desenvolvemento sostible que incida na competitividade de todos os sectores, ao tempo que se lles dá acceso a coñecemento, análise, información e ferramentas e se contribúe á creación de emprego estable.


Padroado

O Padroado de MarInnLeg está conformado polas seguintes entidades públicas e privadas:

logo-abancalogo-abanca
logo-aclunaga-1logo-aclunaga-1
asime-logoasime-logo
logo-arvi1logo-arvi1
logo-cepescalogo-cepesca
logo-conxemarlogo-conxemar
cons-marcons-mar
logo-puerto-1logo-puerto-1
logo-zona-franca1logo-zona-franca1
campus-colorcampus-color