Galicia crea unha fundación para estudar os aspectos xurídicos da pesca

Nace a Fundación MarInnLeg, primeira da UE público-privada para estudar asuntos marítimos e pesqueiros
21 Xullo, 2017
O Porto pedirá indemnizacións polo dano causado a Vigo co ‘tax lease’
25 Maio, 2018
Nace a Fundación MarInnLeg, primeira da UE público-privada para estudar asuntos marítimos e pesqueiros
21 Xullo, 2017
O Porto pedirá indemnizacións polo dano causado a Vigo co ‘tax lease’
25 Maio, 2018

Galicia é a primeira zona da Unión Europea en crear unha fundación cun patrocinio público-privado para estudar os aspectos técnicos relacionados coa actividade pesqueira e marítima no ámbito económico, xurídico e administrativo. MarInnLeg constituíuse oficialmente onte pero xa traballa en diferentes temas como a análise do Brexit e a elaboración dun informe sobre o impacto do tax lease na construción de barcos de pesca.

O proxecto, enmarcado no Plan Blue Growth que lidera a Autoridade Portuaria de Vigo, conta coa participación das universidades galegas, diferentes asociacións dos sectores, empresas e administracións central e autonómica. A fundación MarInnLeg, presidida pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, xorde da “necesidade” de aportar pola mellora do coñecemento xurídico marítimo e pesqueiro como un factor clave para estimular a innovación, o desenvolvemento e o crecemento económico a medio e longo prazo, segundo a Consellería do Mar.

Ver a nova na súa fonte orixinal: www.farodevigo.es